" />

As traballadoras do SAF de Chantada seguen a folga e as mobilizacións contra a privatización do servizo

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Chantada, en folga indefinida dende o pasado 28 de outubro, continuaron onte xoves coas mobilizacións en rexeitamento á privatización do servizo que está a realizar o Goberno municipal. A protesta produciuse un día despois da visita da Inspección de Traballo, por mor da denuncia presentada pola CIG polos múltiples incumprimentos en materia laboral que se están a rexistrar.

Neste senso, Xosé Manoel Silva, responsábel da CIG de Monforte, explica que dende o inicio da folga se lles está a ampliar a xornada as traballadoras de maneira ilegal co obxectivo de cubrir as baixas, que se están denegando os días de asuntos propios ou que tamén se detectaron irregularidades nas contratacións realizadas a través da empresa privada coa que o Concello xa viña cubrindo as ausencias de persoal.

O próximo xoves, 19 de decembro, as traballadoras do SAF volveranse concentrar ás 20h na Praza de Galiza e posteriormente haberá unha asemblea para avaliar a situación do servizo, os pasos dado até agora polo Goberno municipal para a privatización ou os procesos xudiciais pendentes, como o recurso presentado pola CIG contra os abusivos servizos mínimos impostos, que vulneran o dereito fundamental á folga.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo