As vacas dos Ancares apoian a ‘O que arde’ nos Goya

A cooperativa A Carqueixa (Os Ancares) puxo en marcha a principios de semana unha campaña en redes de apoio a Óliver Laxe e á súa película O que arde. O filme está nominado nas categorías a mellor película, mellor dirección, mellor actriz revelación e mellor dirección de fotografía.

Gran parte dos extras da película son os propios cooperativistas e por iso quixeron poñer o seu gran de apoio a Laxe. Para o presidente da cooperativa e extra no filme, José Antonio Díaz, “Óliver gañou algo moito máis importante que a  nominación aos Goya, gañou aos veciños e grabou os Ancares como nunca antes”. Ao fío disto, engade que O que arde
supón “un antes e un despois” porque “visibilizou en todo o estado e fóra del a nosa identidade e a problemática dos incendios”.

Por todo isto, desde O Sabor dos Ancares, a marca a través da que A Carqueixa comercializa a súa terneira galega suprema, sortearán entre as persoas que participen na acción de apoio un lote de 5kg da súa terneira galega suprema. O lote está valorado en 53€ e contén carne picada, hamburguesa, espaldilla, filetes, chuletas, agulla, xarrete e falda coa certificación correspondente e unha alimentación 100% natural e crianza en liberdade nos pastizais dos Ancares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com