" />

Asemblea de FAPACEL na Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei

A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da Provincia de Lugo (FAPACEL) celebrará este sábado, 5 de marzo, ás 11h, na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei, a súa Asemblea xeral anual; na mesma  aprobarase, se procede, a Memoria de actividades e o presuposto do ano 2015 e proporase entre as ANPAS asociadas as actividades e o presuposto para este ano 2016.
A Federación escolleu a Casa Museo de Manuel María para levar a cabo a asemblea por ser ao poeta chairego a quen se lle dedica o día das Letras Galegas este ano.
Ao finalizar a asemblea as persoas asistentes realizaran unha visita a Casa Museo e xa pola tarde visitaran un Obradoiro de Instrumentos Musicais.

Tamén este sábado, 5 de marzo, FAPACEL organiza outras actividades:

No Telecentro de Chantada, ás 11:00 horas, Jorge Castro Ruso falará sobre “A presenza dos menores na rede

A mesma hora no Centro Cultural de Mosteiro de Pol, Zeltia Mendez e Lucía Fernández (psicopedagogas do Centro Psicopedagóxico Crea de Lugo) falarán de como mellorar as habilidades sociais das nenas e nenos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo