Asinado o convenio entre Concello, Fundación Amancio Ortega e Consorcio de Igualdade para dotar a Lugo dunha nova escola infantil

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director xeral da Fundación Amancio Ortega (FAO), Óscar Ortega, e o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, asinaron esta mañá, na sede da FAO, un convenio de colaboración que posibilitará a construción dunha nova escola infantil no municipio. As novas instalacións, cuxa edificación e equipamento suporá unha inversión dun millón e medio por parte da FAO, darán servizo a 82 nenos e nenas de 0 a 3 anos e estará dividida en seis aulas, dúas por cada franxa de idade, e de espazos comúns, con patio propio e comedor, entre outros.

A nova escola infantil de Lugo estará ubicada na avenida Paulo Fabio Máximo, sobre unha parcela de titularidade municipal, cedida para este fin polo Concello ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Os terreos pasarán a integrarse neste ente autonómico, a Fundación Amancio Ortega ocuparase da redacción do proxecto, a construcción das instalacións e o equipamento e dotación inicial de mobiliario e material didáctico, e o Consorcio da súa posta en funcionamento e xestión, formando parte da rede pública de centros da entidade.

Segundo dito convenio, o prazo máximo para o inicio da obra de construción, unha vez posto o terreo a disposición da FAO, é de seis meses dende a obtención dos permisos ou licenzas necesarias para elo, non podendo transcorrer máis de doce meses dende a  data de inicio ata a súa finalización. Para o seguimento e avaliación do convenio crearase unha comisión mixta que estará integrada por un representante do Consorcio, dous da FAO e un do Concello, e que se reunirá cando así o solicite algunha das partes e, cando menos, cunha periodicidade semestral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com