Asociacións e Entidades pro defensa das rías e ríos da provincia acudiran ao Parlamento Europeo

Integrantes do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Plataforma de Defensa do Río Baa, SOS Río Miño, Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, Plataforma Sarriana polo Río, Plataforma de Cospeito, Asociación Xentes de Mar Viva e representantes do sector acuícola de Burela e artes menores de Narón, acudiran ao Parlamento Europeo (Bruxelas) o vindeiro mércores 2 de decembro para trasladar as súas experiencias de loita e denuncia da contaminación das rías e ríos galegos. Esta iniciativa, impulsada pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, avanza na liña de facer visible no Parlamento Europeo (PE) os distintos conflitos e reivindicacións que a cidadanía está a levar adiante no noso País día a día.

Senra destacou que “na Galiza temos 18 rías e aproximadamente 10.000 ríos, e unhas e outros son sistemas ecolóxicos en si mesmos, aos que debemos prestar atención tanto a nivel interno como das distintas repercusións nas áreas xeográficas polas que discorren”. Este encontro terá como obxectivo inmediato realizar unha posta en común das problemáticas derivadas da contaminación das rías e ríos galegos, “unha cuestión de importante impacto tanto a nivel medioambiental como social e produtivo”, lembrou Senra”. Alternativa Galega de Esquerda en Europa xa se ten dirixido en repetidas ocasións á Comisión Europea para  denunciar a situación de moitas das canles hidrográficas e rías galegas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com