" />

Asocim mostra a súa repulsa polo crime machista das Gándaras

Clara María Expósito Vilanova foi asasinada pola súa parella na cidade de Lugo. Con ela, xa son dúas as mulleres vítimas mortais a causa da violencia de xénero na provincia, e na comunidade, en 2020, tralo crime de Manuela Iglesia Fernández, no municipio da Pastoriza, a finais do pasado mes de xaneiro. A Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller de Galicia (ASOCIM) mostra a súa repulsa polo ocorrido e traslada o seu pesar por este novo asasinato machista, o terceiro rexistrado nunha mesma semana no territorio español e o décimo no que vai de ano.

A asociación pon o foco na necesidade de contar con Centros de Información á Muller fortes que permitan desenvolver unha atención ás mulleres vítimas de violencia machista con todas as garantías. Nesta liña, levan tempo denunciando a falta de recursos tanto persoais como económicos, con liñas específicas de axudas para os casos de maior vulnerabilidade, dos CIM da comunidade; especialmente daqueles que, pola súa localización, se ocupan de asistir a varios municipios de forma conxunta e/ou zonas moi poboadas.

Así mesmo, a organización lémbralles aos medios da comunicación seguir as recomendacións para un tratamento informativo dos casos de violencia de xénero afastado do morbo e do ataque á intimidade persoal e familiar das vítimas, véxase a Declaración de Compostela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo