Aspnais visita a Subdelegación do Goberno

Aspnais continúa coa celebración do seu 50 aniversario, e esta maña o seu presidente, José García Reigosa e 120 usuarios desta asociación lucense, visitaron as dependencias da Subdelegación do Goberno na que foron recibidos polo subdelegado, Ramón Carballo.

Carballo compartiu uns minutos de conversa cos rapaces, aos que eloxiou por seren “todo un exemplo de loita e superación”, ao tempo que lles agradeceu a visita e amosoulles algunhas das dependencias da Subdelegación. De igual xeito, salientou a “importante e imprescindible labor social” que levan a cabo dende esta “asociación de referencia” para contribuír a “mellorar non só a vida das persoas con diversidade funcional senón tamén a das súas familias”.

O subdelegado lembrou como “unhas das máis agradables visitas que fixen nunca” as realizadas ás instalacións de ASPNAIS, tanto nas Arieiras como na Rampa de Claudio López, nas que puido interactuar cos usuarios e coñecer de primeira man os locais e os servizos que ofrece a institución lucense.

Trala visita á Subdelegación, o colectivo desprazouse ata a Comandancia da Garda Civil, na Praza de Bretaña, onde axentes das distintas unidades lles amosaron os medios cos que contan para o seu traballo e tamén os seus procedementos de actuación. Así, durante a visita puideron coñecer os laboratorios de Policía Xudicial ou os distintos vehículos do Subsector de Tráfico, así como o xeito de traballar do Servizo de Búsqueda e Localización de Explosivos, do Servizo de Intervención Rápida e do Centro Operativo de Servizos (COS), onde se atenden as 24 horas do día as chamadas de emerxencias realizadas pola cidadanía.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com