" />

Aspnais visita mañá a Xunta e a Biblioteca Provincial

A Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, recibirá mañá, no edificio da Xunta en Lugo, a arredor dun centro de usuarios da Asociación de País e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual. No nome dos visitantes, O presidente de Aspnais, José Reigosa García, saudará, no nome dos visitantes, á representante da Xunta en Lugo, e un dos usuarios agradecerá a recepción. A Delegada Territorial recibiraos no Salón de actos da entidade, e explicaralles aspectos relacionados co funcionamento da institución.

De seguido, os membros de Aspnais dirixiranse á Biblioteca pública Provincial, dependente da Xunta de Galicia, onde serán recibidos pola súa Directora, Marisol González Regal que, en unión cos funcionarios do centro, os acompañarán polas diversas salas da Biblioteca para rematar no Salón de actos, onde un mago actuará para os visitantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo