" />

Asuntos tratados na Xunta de Goberno Local

O voceiro do Goberno Local deu conta esta mañá dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local. Destacou entre outros, a incoación por parte do Concello dun expediente disciplinario a un empregado muncipal pola súa ausencia durante máis dun mes no seu posto de traballo.

Tamén se aprobou o catálogo de postos de segunda actividade na Policía Local, cun total de 17 prazas, 12 de axentes, tres de oficiais, e dous de subinspectores.
Asemade,  acordouse a adhesión do Concello ao programa “Ciudades en red para la prevención del consumo de alcohol en menores”, que ten como obxetivo loitar contra os malos hábitos dende unha perspectiva preventiva e educativa.

Xa fora dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local, Luis Álvarez, anunciou a adxudicación das obras de pavimentación na Ronda da Muralla por un importe 285.000 euros, que será aprobada na tarde de hoxe na Mesa de Contratación do Concello.
Luís Álvarez:

Por último, o voceiro do executivo municipal criticou ao líder da oposición no Concello, Jaime Castiñeira, o que lle recriminou a súa templanza, no referente a súa postura sobre a dotación de servizos sanitarios na provincia.
Luís Álvarez:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo