Atopan a un home falecido no interior do seu vehículo en Ribeira de Piquín

Un home foi encontrado sen vida na mañá de hoxe no interior do seu vehículo, na estrada LU-P-4802 que vai de Ribeira de Piquín á Pontenova.

Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o achado produciuse poucos minutos antes das 11:30 horas.  O home atopábase no interior do turismo, sufriu unha saída de vía, precipitouse por un terraplén e bateu contra unha árbore. Os veciños da zona indicaron que dende un par de días non tiñan noticias da vítima.

Tras recibir a alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da localidade.

Ata agora descoñécense as causas que puideron provocar o accidente e as forzas da orden tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com