Aumento de casos activos nunha xornada na que as altas continúan por baixo dos positivos detectados

O número de casos covid activos no último informe do SERGAS revela un lixeiro aumento das infeccións. Así mentres que no día de onte Sanidade informaba dun total de 157 casos, hoxe revelan 12 máis, chegando ás 169 infeccións activas. Unha suba que podería estar provocada, en parte, polo descenso das altas médicas (tan só 9 na última xornada) e polos cribados que se están a realizar na comarca da Mariña. 

Asemade, o SERGAS informa de que nas últimas 24 horas se detectaron 10 positivos, tamén unha cifra en aumento logo de que no día de onte os contaxios sumaran tan só 6 persoas. Todo esto fai que aumente lixeiramente a presión asistencial. Malia que en cifras baixas, o HULA, único hospital da provincia con casos covid conta con 5 pacientes en planta, un máis ca onte, e 4 na UCI. 

E noutro senso, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou hoxe que o SERGAS prevé que o 29% da poboación diana de Galicia teña posta a lo menos unha dose dalguna das vacinas a finais desta semana. Así, no día de onte contabilizábanse en máis de 546 mil os galegos vacinados, o que supón o 23% da poboación da Comunidade. Asemade, Comesaña avanzou que coa chegada de 8,500 doses da vacina de Janssen, prevista para o colectivo de entre 70 e 79 anos, farán vacinación a domicilio.

Asemade, explicou que coas 35 mil doses de Moderna inocularán ás persoas do grupo sete da estratexia de vacinación, é dicir, as persoas de alto risco como poderían ser pacientes que acoden ao hospital de día ou que fan, por exemplo, a diálese. As máis de 50 mil vacinas de Pfizer continuarán a poñerse ás 34.000 persoas que xa recibiron a primeira dose, e a outras 20.000 que tamén vacinarán a domicilio. Por último, outra remesa de 50.000 doses da marca alemana, irán destinadas ao colectivo de entre 70 e 79.

E todo nun día no que o comité clínico volvese reunir para avaliar, agora si, os efectos da Semana Santa. Ante a situación de estabilidade da Comunidade, os expertos pensan en valorar unha desescalada cunha posible ampliación do toque de recollida, así como retrasar a hora de peche en hostalería ou estudar a apertura do peche perimetral da comunidade. No informativo de mañá darémoslles todos os detalles das decisións tomadas polo Executivo de Núñez Feijóo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com