Avós … felices

A Asemblea Xeral da Plataforma Avós…felices e a Federación Provincial de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo, tomou en acordo, trasladar ao Conselleiro de Política Social, a imperiosa necesidade de planificar, licitar e construír a comprometida residencia da 3ª Idade para Lugo despois da petición formalizada en entrevista levada a cabo en Santiago e ao tempo comprometida este verán polo propio Presidente da Xunta de Galicia.

Debemos de ter en conta que a lista de espera neste momento para unha praza, supera os 2 anos. Por iso, imos enviar novo escrito ao Conselleiro D. José Manuel Rey Varela, para que fixe prazos para: proxecto, licitación de investimentos e execución de obra. Dado que estamos en tempo de expor melloras na formulación da nova Residencia, (a situar en terreos do vello hospital Xeral) entendemos que a capacidade prevista inicialmente debe de ser incrementada a máis de 150 prazas novas, xa que a formulación de 100, parécenos insuficiente para Lugo, onde o nivel de envellecemento ten cotas moi altas. Pero en tanto non se dá unha clara solución ao problema, observamos que un grupo importante de persoas é atendida en Residencias concertadas, (onde hai casos xestionados por fondos “voitre”), das que temos claras sospeitas no referente ao control ao que son sometidas, así como a periodicidade destes, de forma especial no referido a: cocientes de persoal e a súa  cualificación dentro dos distintos servizos; xeriatras, coidadores e auxiliares; control de dietas e menús que se serven con achegas calóricas referidas a Galicia e á época do ano,. Así como control de espazos e actividades físicas ou de entretemento, salas de convivencia, control de dormitorios aseos e lavandería; ventilación e calefacción, facilidade de acceso á prensa diaria e á información; control médico semanal sobre todo en épocas de maior risco, así como analíticas periódicas e seguridade do establecemento.

Polo cal requiriremos á Consellería nos infórme destas cuestións de maneira pormenorizada no referente a residencias ou grandes centros residenciais xa que os importes aos que hai que facer fronte cada mes, poden ser considerados altos ou case prohibitivos.

José Manuel Carballo Coordinador Plataforma Avós…felices.
Vice-Presidente e coordinador da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com