Baixan os casos e os contaxios de Covid19 no día que o Sergas rexistra 5 falecidos

Unha xornada máis Lugo pode celebrar un novo descenso de casos activos, e xa van 5, logo de que o pasado venres se rexistrara un lixeiro aumento. Unha baixada que se debe non só ás numerosas altas médicas senon tamén a un leve descenso dos contaxios.

Así, en cifras, segundo os datos publicados polo Sergas, Lugo rexistra 5107 casos activos, 258 menos que na xornada anterior, e que recorda a cifras de primeiros de xaneiro cando a sexta vaga aínda non chegara ao pico máximo de casos. No tocante aos novos casos, Lugo vén de rexistrar, nas últimas 24 horas, un total de 358 novos positivos, 69 menos que un día antes, pero aínda superando as cifras da fin de semana.

Doutra banda, e sen seguir un esquema moi estable nas últimas xornadas, está a presión asistencial que descende no día de hoxe, malia que todavía se agarda unha suba, especialmente dos casos en críticos. Con todo, nestes intres a provincia rexistra en total 59 pacientes con Covid en unidades convencionais (3 menos que un día antes) que repartidos por hospitais se atopan 43 no HULA, 8 na Costa (ambos co mesmo número de pacientes), e o hospital de Monforte baixa en 2 pacientes e queda con 8. Asemade, o Hospital Polusa que onte rexistraba un caso covid, hoxe xa non conta con el. Na UCI, pola súa parte, continúa a rexistrar 9 casos.

E nas últimas horas Lugo rexistrou 611 novas altas, que supoñen un total de 42.019 dende o inicio da pandemia. Do outro lado, do dos falecementos, nas últimas horas producíronse 5 novos decesos na provincia malia que, polo momento, a Xunta non deu ningún dato acerca dos finados. Con eles xa son 295 os falecidos con Covid na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com