Balseiro: “A Xunta ten ambición, outros prefiren conformarse con menos”

O salón de actos da Delegación territorial da Xunta en Lugo –con preto de 500 butacas- quedouse pequeno para acoller a todas as persoas que acudiron á convocatoria promovida pola administración autonómica, isto é, unha mesa redonda entorno á proposta que lidera o Goberno galego para o impulso do turismo cultural na cidade de Lugo.

O acto contou coas opinións de destacados profesionais e expertos no ámbito da cultura, o turismo e o patrimonio, como son o arqueólogo e divulgador científico, Tito Concheiro, a xerente do consorcio de turismo da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, o xornalista especializado en gastronomía e turismo, Javier Rivera e o presidente do club fluvial, Tito Valledor, que opinaron positivamente sobre a proposta da Xunta.

Pola súa banda, o delegado territorial, José Manuel Balseiro, ademais de agradecer á presenza dos asistentes, definiu a proposta da Xunta como “a máis completa” pois implica “non renunciar a nada: teremos un parador en San Fernando, cunha área musealizada, teremos o museo da romanización con sede principal no Mihl pero funcionamento en rede con outros espazos de interese histórico, e recuperaremos dous edificios senlleiros do bario da Tinería, en pleno casco antigo”.

O delegado tamén afondou na idea na que a Xunta vén insistindo nas últimas semanas, para explicar que o proxecto liderado polo Goberno galego busca corrixir tres debilidades de Lugo como destino turístico: a primeira, revitalizar a actividade comercial na cidade e, en particular, no casco histórico, que sufre o peche de locais; a segunda, incrementar as pernoctacións e o número de visitas de longa estadía no conxunto da cidade, entendida como un museo global ao aire libre; e, finamente, dar uso a recursos que ou ben están en situación de abandono –cuartel de San Fernando- ou infrautilziados –como o museo interactivo da historia de Lugo-.

Balseiro concluíu sinalando que “a Xunta ten ambición mentres que outros –en referencia ao Concello e os colectivos que rexeitan o parador no cuartel de San Fernando- prefiren conformarse con menos”.

Novas relacionadas

  1. Tino López
    Feb 09, 2020 - 10:46 PM

    pelotazo para os amiguetes, con diñeiro público. Estes non dan puntada sen fío. É o seu modus opernadi

    Reply
  2. Toño Gallego Prieto
    Feb 09, 2020 - 08:58 PM

    Yo sí estuve allí, y no me lo cuentan. Y lo primero que se aclaró es que los que no quieren el parador (plataforma) fueron invitados a participar y no quisieron asistir. Que no te engañen.

    Reply
  3. Luis Díaz
    Feb 08, 2020 - 10:38 PM

    No estuve allí, pero quienes sí, me contaron que tal mesa redonda no fue mas que un mitin pro PP, donde no se le permitió al público turno de palabra ni intervenir para mostrar otro punto de vista distinto al oficial pepeteiro .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com