Balseiro aplaude que a Federación de Veciños inste ao Concello a recepcionar o Novo Auditorio

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, agradeceu hoxe o pronunciamento público da Federación Provincial de Asociación de Veciños no que se instaba ao Concello de Lugo a recepcionar canto antes o novo auditorio da cidade e reclamaba, que a administración local traballe nunha programación sólida propia dunha infraestrutura cultural desta relevancia.

Balseiro insistiu, tal e como leva mantendo nas últimas semanas, que a Xunta está en condicións de facer efectiva a entrega desta obra e agarda que poida darse ese paso á maior brevidade posible, se hai vontade por todas as partes e, nese senso, espera que as xestións que están dando os equipos técnicos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Concello de Lugo frutifiquen o antes posible.

O delegado aproveito tamén para reclamar “a axuda do resto dos colectivos de Lugo” para que se sumen a unha reivindicación “xusta para a cidade” e, nese senso, se produzan novos pronunciamentos no mesmo sentido, pedindo ao Concello que non dilate no tempo a recepción dunha infraestrutura cultural financiada pola Xunta e cuxa obra civil xa rematou hai tres anos e está agora perfectamente equipada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com