" />

Baralla celebra en xullo o seu primeiro Campamento de Verán

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Tenente Alcalde de Baralla, Manuel Rodríguez Vilela, presentaron este xoves as actividades lúdico-deportivas que acollerá este municipio durante os meses de xullo e agosto grazas ao Goberno da Deputación. O Executivo Provincial fai posible a celebración, en xullo, do primeiro Campamento de Verán de Baralla e, en agosto, do Día dos Pequenos, así como de talleres e xogos populares, entre outros espectáculos para os máis cativos, financiando os mesmos con 6.000 euros.

Rivera Capón subliñou que “dende o Goberno da Deputación apostamos pola organización deste tipo de programacións nos Concellos da nosa provincia porque contribúen á dinamización social e económica dos municipios. Por este motivo, temos comprometidos máis de 240.000 euros do presuposto deste ano para a celebración dunhas 80 citas deportivas nos Concellos lucenses”. O Tenente Alcalde agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación, que “servirá para que os máis pequenos poidan desfrutar dunha programación de actividades no noso Concello”.

O 1º Campamento de Verán de Baralla celebrarase durante todo o mes de xullo nun horario de 9:00 a 14:30 horas. As actividades terán lugar en diferentes instalacións municipais como a piscina, o campo de fútbol ou o colexio. Levaranse a cabo xogos de auga, obradoiros de manualidades ou gymkanas, entre outras actividades e haberá roteiros e xornadas de praia en familia. O Concello estableceu un prezo mínimo de 15 euros. Máis información e inscricións en 982 36 33 03.

Durante o mes de agosto, celebrarase o Día dos Pequenos, que terá lugar a penúltima fin de semana de dito mes. Tamén en agosto, haberá máis xogos populares, talleres de globoflexia, obradoiros de tatuaxes ou inchables, ademais de espectáculos de marionetas, monicreques, malabares ou maxia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo