" />

Barreiro: “A futura de Lei de Mobilidade marxina miles de persoas que viven en núcleos rurais”

O Ministerio de Transportes está a deseñar unha nova política de infraestruturas que culminará coa futura Lei de Mobilidade na que se decidirán os investimentos nesta materia en base a parámetros de custe-beneficio.

Así o informaba nas últimas horas o órgano estatal, ao que os senadores populares por Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela, lle trasladarán unha serie de cuestións en relación coa provincia, que pasan porque o Ministerio concrete se a nova norma terá en conta o problema demográfico da provincia á hora de planificar a lei ou se, a súa aplicación, permitirá precisar o prazo de remate das autovías que se executan na provincia.

No documento, que recentemente presentou este ministerio, indícase literalmente que as novas infraestruturas de transporte teñen uns rendementos decrecentes, non só en termos estritamente económicos, senón tamén de equidade social e de equilibrio territorial, de tal xeito que, apuntan, “esta política consegue o efecto contrario e marxina miles de persoas que viven en núcleos rurais ou en zonas despoboadas”.

Esta cuestión fai saltar todas as alarmas para os representantes da provincia no Senado, tanto en canto, indican, “seguimos esperando polo remate das obras da A-54, que leva 10 anos de retraso, da A-56, que conta con varios proxectos caducados e, a da Mariña, que non avanza e deixa a miles de persoas sen a posibilidade de mellorar o seu modo de comunicación”. Neste senso, consideran que é imposible afrontar o reto demográfico, animar aos cidadáns a repoboar a España baleira ou impulsar o emprego e a vivenda na zona rural se non se facilita á cidadanía o transporte terrestre.

Probas antinéboa na A8

Noutro senso, o mesmo departamento estatal vén de iniciar a fase de probas dos catro sistemas deseñados para combater a acumulación de néboa no Alto do Fiouco da Autovía do Cantábrico, onde os problemas de visibilidade son unha constante que dificulta en grande medida a circulación. Unha vez testados sobre o terreo, o Ministerio de Transportes procederá a contratar a construción dos sistemas para reducir esta problemática que afecta frecuentemente a este tramo da A8, ao seu paso por Mondoñedo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Teresa C. M.
    Out 16, 2020 - 04:53 PM

    Ahora abrimos la puerta a los Madrileños. Y al virus

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo