" />

Barreiro afirma que os últimos datos da EPA “confirman que as políticas de Rajoy son acertadas”

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, destacou hoxe, durante unha rolda de prensa celebrada xunto a deputados e senadores populares, que os datos de paro, correspondentes ao terceiro trimestre, “poñen de manifesto a estable e acelerada creación de emprego no último ano, o que confirma que as reformas emprendidas por Mariano Rajoy son as acertadas”. Barreiro afirmou que Galicia foi a terceira comunidade cun maior descenso do desemprego con 29.600 parados menos, só por detrás de Cataluña e Madrid.

O portavoz popular na Cámara Alta afirmou que a taxa de paro sitúase no 17,7%, “o que significa que hai 35.500 desempregados menos que no mesmo período de 2014. José Manuel Barreiro lembrou que en Galicia, no último ano, creáronse 21.700 empregos o saldo anual máis positivo dos últimos 7 anos”.

Na súa comparecencia ante os medios, o presidente dos populares en Lugo fixo especial fincapé na “baixada de desempregados na provincia xa que é a que rexistra o menor número de parados de toda a comunidade”. Aínda así, dixo José Manuel Barreiro, “queda moito por facer, xa que esta última EPA revela que na provincia de Lugo hai 22.900 persoas sen traballo, o 14,73% da poboación. Non estaremos satisfeitos ata que a recuperación económica alcance todos os fogares”, afirmou.

Barreiro asegurou que tanto a baixada do paro, que en España sitúase en 298.200 persoas, “experimentando a maior caída durante toda a crise, constatan que a recuperación é firme e sólida. o importante é manter a mesma política económica para conseguir o obxectivo de 20 millóns de persoas traballando na próxima lexislatura”.

Barreiro destacou a reestruturación do sistema financeiro que “sufría un profundo desequilibrio cando Rajoy chegou a Moncloa”. Esta reestruturación, dixo, permitiunos que volva fluír o crédito para empresas e particulares; no primeiro caso acumula 23 meses en positivo e nos últimos 12 meses creceu un 14%.

O líder do PP de Lugo destacou tamén “a importancia da reforma laboral que permitiu primeiro deter a sangría do paro e logo crear emprego estable e de calidade. Cando Rajoy asumiu as rendas do Executivo en 2011 e aprobouse esta reforma laboral, o paro en España crecía a un ritmo do 8-9% e, na actualidade, o desemprego redúcese a un ritmo superior ao 7% de baixada anual”.

Para finalizar, José Manuel Barreiro afirmou que a redución das cifras de paro son a mellor política social porque só coa creación de emprego pódese aumentar a recadación e, por tanto, mellorar o Estado de Benestar. Necesitamos un novo goberno do Partido Popular, o único capaz de garantir que España manteña a boa dirección”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo