" />

Begonte recibe a mostra ‘O fin do Camiño’

Foi inaugurada na Casa da Cultura do Concello de Begonte (Lugo) a mostra itinerante O fin do Camiño, organizada polo ColectivoEgeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa ‘O teuXacobeo’.

Asistiron ao acto José Ulla, Alcalde do Concello de Begonte, e Xulio Xiz,presidente do Colectivo Egeria.Continúa así a edición 2020-2021 deste proxecto, que en 2019 recorreu todos osconcellos do Camiño Francés en Galicia, e que este ano seguirá percorrendo osconcellos dos Camiños Primitivo, Norte, de Inverno e Vía Kunig, ao seu paso polaprovincia de Lugo.Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeralcomprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súaprogramación inclúe numerosos puntos dos Camiños de Santiago, comezando polosfitos do Camiño Francés en Galicia.

As fotografías son de dous importantes fotógrafos galegos –Eduardo Ochoa e CarlosPuga- que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose dasvisións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que sedestacan os detalles máis sobranceiros.

Os textos abordan o tema de O FIN DO CAMIÑO como expresión dos sentimentosque moven ao peregrino para emprender este Camiño milenario, tendo capítulosespeciais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños, o percorrido cara aunha terra de brumas e de luz. Exprésase a procedencia dos peregrinos de lonxanasterras, polos camiños todos que levan a Compostela… destacando aspectos comoque Europa se mira en Compostela, a peregrinación en multitude ou en soidade, osperegrinos singulares ou anónimos, o millón de pasos que constitúe o CamiñoFrancés, a cadea de fervores que o Camiño supón, para chegar á Capital de Occidente,visitar a tumba do apóstolo, completar un camiño interior reflexo do exteriorpercorrido, e emprender o Camiño de volta.

Cada panel conta con brevísimas glosas do Camiño de Urbano Lugrís, Dante ou Frei Luis de León; Filgueira ou Pensado; Tirso, Machado, Fraguas, Pondal, Cunqueiro, Torrente, Cervantes, Celso Emilio ou Manuel Rodríguez López.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo