" />

Besteiro chamado a declarar ante Pilar de Lara o 12 de xaneiro

O vindeiro 12 de xaneiro é a data que a xuiza Pilar de Lara fixou para que o secretario Xeral do Psdg, José Ramón Gómez Besteiro, declare como imputado polo caso Garañón, as torres que se construiron na contorna do parque Rosalía de Castro e polas que o socialista está imputado.

De Lara suspendera a toma de declaración a Besteiro e Orozco o día 31 de xullo pasado, por entender a xuiza, que era necesario practicar novas dilixencias antes de tomarlles declaración aos dous imputados. De Lara referíase naquel intre a documentación patrimonial e bancaria que solicitara.

O exalcalde, José Clemente López Orozco xa compareceu ante a xuiza o pasado mércores, día 18.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo