Blanco (Cs): “Un xubilado de Lugo que traballou toda a vida cobra dez veces menos que os deputados do PP ou do PSOE”

O candidato de Cidadáns ao Congreso pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, iniciou esta mañá a súa campaña electoral falando de pensións. “Os xubilados son o colectivo máis numeroso da provincia de Lugo. Os 115.000 pensionistas lucenses supoñen un terzo dos habitantes desta provincia, por iso queriamos iniciar a campaña falando deles, porque son unha parte fundamental de Lugo. Os nosos xubilados cobran as pensións máis baixas de todo o Estado, só 736 euros de media. Por iso é un insulto aos xubilados lucenses que os diputados do PP presuman estes días de terlles revalorizado as pensións, cando a realidade é que un xubilado de Lugo que traballou toda a súa vida cobra 10 veces menos que un diputado do PP ou do PSOE, que levan catro anos sen dar golpe”, afirmou a cabeza de lista da agrupación laranxa.

José Manuel Blanco fixo estas declaracións esta mañá ás portas do Mercado e a Praza de Abastos de Lugo, onde repartiu, xunto á portavoz municipal en Lugo, Olga Louzao, información sobre as súas propostas. O candidato de Cidadáns utilizou tamén neste primeiro día un dos elementos distintivos da súa campaña, un paraugas que o acompaña a todas partes, e que usou para explicar de xeito práctico “a utilidade de votar a Cs na provincia de Lugo nas eleccións do vindeiro día 28”.

“Este é o paraugas de Lugo, o paraugas de todos, serio e fiable para defender os intereses da provincia. Un paraugas sen siglas que acolle a todo o mundo e acubilla a todo aquel que quere que a provincia de Lugo sexa escoitada e tida en conta. Así é o paraugas que ofrece Ciudadanos e que ides ver a partir do 28 de abril no Congreso dos Deputados, porque Ciudadanos ten posibilidades reais de obter por primeira vez representación pola provincia de Lugo”, argumentou José Manuel Blanco.

A segunda característica que destacou o candidato foi que “o paraugas de Cidadáns é un paraugas amplo e grande coma a provincia de Lugo, debaixo do cal collen os 67 concellos, cada un 9.856 quilómetros cadrados que ten o territorio lucense e cada un dos seus 329.469 habitantes”, insistiu.”O paraugas de Cs é un paraugas forte e resistente, capaz de resistir o nordés da Mariña ou o vendaval da montaña, de loitar contra a corrupción do PP e contra a ineficacia dos Gobernos do PSOE“, comparou.

“Este paraugas serve para dar sombra en momentos de sol coma o de hoxe e tamén para taparse da chuvia cando chove. O paraugas de Cidadáns é un paraugas útil e servicial en todas as circunstancias, que busca resolver os problemas da xente, que serve para Gobernar e tamén para chegar a acordos cando está na oposición”, continuou.

“É un paraugas sólido e fiable, que nunca falla e que non vai deixar tirados os intereses da provincia de Lugo como levan décadas facendo os deputados e senadores do PP e do PSOE escollidos por esta provincia, que prometen en campaña o que non fixeron en 40 anos”, criticou José Manuel Blanco.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. David García
    Abr 12, 2019 - 08:43 PM

    E con un simple titular podemos explicar a palabra “demagoxia”

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com