Blanco (Cs): “Vou trasladar a necesidade de axilizar a Administración ao Congreso”

O candidato ao Congreso dos Deputados de Cidadáns pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, reuniuse hoxe con representantes da Asociación de empresarios da primeira transformación da madeira de Lugo para comentar as grandes dificultades que atravesa este sector e as grandes trabas da administración.

“Eu son do rural, enxeñeiro de montes e coñezo perfectamente as dificultades que atravesan os madeireiros por culpa de unha lei que non se adapta a realidade galega. No Congreso fai falta xente que pense en Galicia e que creen leis adaptadas a cada territorio“, afirma o candidato de Ciudadanos.

En Galicia, actualmente opera unha lei estatal de augas do ano 1985 polo que é necesaria unha autorización da Confederación Hidrográfica para talar árbores na beira dos cauces, “como xefe provincial da Confederación Hidrográfica aplico a Lei actual, como Deputado no Congreso promoverei unha nova lei que teña en consideración a realidade galega”, insistiu o candidato.

“A cantidade de burocracia que xera ter que pedir permiso á confederación por talar cada árbore está desmotivando o sector madereiro e restándolles moita produtividade”, sinalou José Manuel Blanco.

Por elo, Cidadáns propón rexeitar a burocracia. Segundo a agrupación, necesítase crear unha lei da cadea forestal para que haxa control en todo o proceso produtivo da madeira para lograr un prezo que se axuste ao produto, porque na actualidade é moi inferior. Ademais, o partido propuxo medidas fiscais para o apoio do  sector rural como a rebaixa da cota de autónomos no rural, a creación dun Plan Nacional contra a despoboación, unha rebaixa do 60% no IRPF para quen habite en zoas despoboadas e unha redución das cotas nos dos anos seguintes ao nacementos de fillos.

Os membros da asociación queixáronse abertamente da burocracia á que están sometidos, ao ter que presentar en algúns casos documentación en sete organismos diferentes. Estas trabas, según aseguraron, disminúe enormemente a súa competitividade a pesar da dinamización que realizan do rural. Tamén trasladaron seus problemas que teñen con o transporte forestal, xa que a norma so lles permite camións con carga de hasta 40 toneladas mentres que en Portugal permiten 60.

“Temos que axudar a que estes empresarios poidan traballar nas mellores condiciones posibles, eliminando as trabas burocráticas que impiden o seu  desenvolvemento ótimo do sector “, considera o candidato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com