" />

BNG-Asembleas Abertas aposta por unha nova fiscalidade no Concello similar á presentada por ACE

O BNG – Asembleas Abertas  presentou unha proposta de modificación da política contributiva para o concello de Lugo. Para o voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, “trátase dunha proposta que teña como obxectivos unha maior progresividade fiscal, de xeito que pague máis quen ten máis e impulsar a actividade económica a partir das exencións,  gravames, bonificacións e reducións, posibles nas ordenanzas fiscais e nos prezos e taxas públicos”.

As propostas do BNG-AA inciden na exención e/ou bonificacións para os colectivos máis desfavorecidos. Estas medidas deben abranguer sobre todo á maior carga impositiva que aplica o concello: IBI, Auga, RSU.

O total dos ingresos do concello de Lugo por recadación contributiva constitúen aproximadamente un 60% do actual orzamento municipal e o BNG-AA vai establecer unha serie de propostas para modificar impostos, taxas e prezos públicos. Os obxectivos destas propostas de modificación, segundo explicou Arroxo pasan por “atacar directamente as directrices políticas imperantes de austeridade, déficit, eliminación de servizos públicos, atracar aos máis desfavorecidos e aumentar a pobreza a golpe de decreto”. A política contributiva do concello de Lugo, segundo dixo Rubén Arroxo, “ten que servir para axudar aos que pouco ou nada teñen, e gravando aos que máis teñen”.

Para o BNG-AA compre “poñer en primeiro plano aos/ás desempregados/as, aos/ás despexados/as, aos/ás roubados polo capitalismo disfrazado de troika e representado polas outras forzas políticas a favor disto ou sen alternativas reais” e para esto é necesario establecer unha estrutura contributiva que provoque  que pague máis quen máis ten.

Vivenda

En canto ás cargas contributivas sobre a vivenda para o BNG-AA “é necesario establecer maior xustiza contributiva ao gravar a multipropiedade ou o alugueiro soterrado de baixos e prazas de garaxe co obxectivo fundamental de mobilizar o amplo parque de vivenda baleira”. Outra das medidas a tomar irian encamiñadas eliminar as inxustizas en materia de plusvalías nos trámites de transmisións patrimoniais. O BNG – AA propón que se inclúan nas ordenanzas do 2014 reducións no IBI que teñan un claro criterio social e de reequilibrio fiscal a prol dos máis desfavorecidos.

Redución nas taxas e prezos públicos

Segundo dixo Rubén Arroxo, “o Concello conta coa posibilidade de actuar vía ordenanzas integrando exencións e/ou bonificacións”.  O BNG – AA pulará por que se introduzan exencións e bonificacións, aplicándoas aos/ás que máis sofren os efectos da crise: parados/as, rendas baixas, familias numerosas, discapacidades, etc… Arroxo engadiu que “por exemplo, pódese establecer unha redución do 100% da taxa de recollida de lixo por vivenda habitual, para o caso de parados, pensionistas, asalariados ou autónomos en función dos ingresos”. As medidas propostas polo BNG-AA deberían aplicarse a taxas tipo auga, recollida lixo, sumidoiros e aqueloutras taxas ou prezos públicos susceptibles de contemplalas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo