O grupo municipal do BNG – Asembleas Abertas pediralles ao resto dos grupos con representación na corporación, que se inicien os traballos e xestións necesarias para actualizar o PEPRI. Segundo Rubén Arroxo “este documento foi redactado fai vinte anos e a día de hoxe precisa dunha actualización. Non actualizar o PEPRI significa condenar o casco histórico a unha enfermidade terminal”.
Rubén Arroxo afirmou que “Lugo ten que ser unha cidade aberta á innovación e ao futuro, se perder de vista a protección do noso patrimonio”. O voceiro do BNG–Asembleas Abertas explicou que “con un PEPRI sen actualizar, estase construíndo a cidade á base de modificacións puntuais que en moitos casos, como na confluencia da ronda da Muralla e a Rúa San Roque, perxudica gravemente o desenrolo sostible do urbanismo de Lugo”.
Para o BNG – Asembleas Abertas “hai que abrir, de xeito efectivo, debates que fagan que Lugo avance e que no que se conte coa participación real da xente, dos colectivos e de quen fomos elixidos para representar a veciños e veciñas”. Arroxo referiuse á necesidade de revisar o PEPRI xa que “parte de rehabilitación de edificios do casco histórico e do entorno da muralla está paralizada pola falta de actualización do documento”.
Novas propostas para a cidade
Arroxo sinalou que “poder afrontar proxectos novos, como o presentado nesta fin de semana pola asociación Lugo Monumental, esta limitado por un PEPRI que corresponde a outro momento”. O voceiro nacionalista valorou positivamente que “dende o tecido asociativo xurdan novas propostas que poden mellorar considerablemente a vida na cidade e que poden ser perfectamente asumibles” e engadiu que “as forzas políticas temos que estar á altura e artellar sistemas para que as normativas non constrinxa a execución das iniciativas que son boas para Lugo”.