" />

O BNG propón substituir algúns semáforos por “lombos” nos pasos de peóns da Ronda

O BNG propón que se aproveiten as obras de substitución do adoquinado da beirarrúa da ronda da Muralla para eliminar semáforos e mellorar a fluidez do tráfico nesta vía.  Militantes e simpatizantes do BNG fixeron unha acción simbólica nun paso de peóns a carón do monumento Patrimonio da Humanidade e reclamaron que se fagan “lombos” nos pasos de peóns. “Con esta actuación pode incrementarse a seguridade das persoas e calmar o tráfico ao mesmo que tempo que se mellora a fluidez con eliminación dos semáforos” afirmou Rubén Arroxo. 

Arroxo pediu que se aproveite a redución de velocidade a 30 km/h para buscar “outro modelo de circulación arredor da muralla mentres non se peonalice completamente”. O BNG xa propuxo que se estudie a eliminación de semáforos na ronda da muralla para darlle máis fluidez ao tráfico despois da implantación do límite de velocidade a 30 km/hora. Arroxo sinalou que “non se trata unicamente de reducir a velocidade na ronda se non de buscar un novo modelo para dar fluidez ao tráfico a través do seu calmado”. A proposta do BNG-AA vai encamiñada a conseguir que se poida dar unha volta á ronda da muralla a unha velocidade moderada pero, case sen facer paradas. 

Arroxo dixo que “unha vez se procedeu á redución do límite de velocidade haberá que estudiar en que cruces se poden eliminar os semáforos que reteñen o tráfico” dixo que “coa velocidade reducida a 30 km/h hai que implantar medidas de calmado do tráfico na zona de cruces como, por exemplo, o de Nícomedes Pastor Díaz ou o Camiño Real” e explicou que “utilizando, nas inmediacións dos cruces, lombos na Ronda xa sería posible regular a incorporación de vehículos á ronda con sinais de STOP”. O voceiro nacionalista lembrou que “xa existen cruces que funcionan perfectamente con este sistema como é o caso de Poeta Noriega Varela”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo