" />

Brath volverá a pechar as Festas de San Froilán como xa o fixera durante unha década

A banda de música folk Brath volve ao San Froilán para actuar o día 12 de outubro nas festas lucenses tal e como o fixera durante unha década, aínda que nesta ocasión non será na emblemática praza de Santa María, senón na praza da Horta do Seminario.

Brath realizará un concerto conmemorativo dos 36 anos os que o grupo leva actuando en escenarios de medio mundo. Asemade, tamén presentará o novo disco “Enxebre” que se editará o vindeiro Nadal.

O grupo lugués estará acompañado de diferentes artistas que colaborarán con Brath  para celebrar estes 36 anos que converten á banda nun dos grupos con máis traxectoria do noso país.

Brath acaba de estar durante todo o mes de agosto no programa Feirantes da Televisión de Galicia que colleitou un grande éxito de audiencia. Nel os músicos de Brath presentaron os temas do novo disco “Enxebre”. En vindeiros dias informaremos dos artistas que acompañaran a Brath o día 12 de outubro, ás 20:00 horas na praza Horta do Seminario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo