" />

Burela da comezo á súa Festa Castrexa cunha mostra de ourivaría antiga

Burela celebra dende hoxe ás 21:30 horas, a súa tradicional Festa Castrexa, coa que a Deputación colabora cunha colección de ourivaría antiga procedente do Museo Provincial de Lugo, que estará exposta ata o día 30 deste mes na Casa da Cultura do Concello mariñán. Así o presentaron na tarde de onte a Deputada de Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llaño García.

A Deputada destacou que “no ano 2015 a colección de ourivaría de Álvaro Gil Varela foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia”. A mostra propón unha visión completa, a través dunha réplica do torques de Burela e 9 paneis fotográficos explicativos, da colección de obxectos de ourivaría prehistórica e antiga dos fondos do Museo Provincial de Lugo.

Esta colección destaca, en primeiro lugar, polo elevado número de pezas que a compoñen, así como pola súa variedade morfolóxica. A maior parte corresponde a elementos de adorno persoal, cun grande carácter simbólico que indicaban a riqueza, o status ou o poder da persoa. Ademais, a mostra exposta no Museo Provincial de Lugo, conta con tortas, lingotes e arames que permiten analizar os métodos de obtención do metal áureo e os primeiros pasos do traballo ourive. O tesouro goza da consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), o que lle outorga a máxima protección patrimonial segundo a lexislación autonómica vixente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo