Burela recibiu da Xunta 72,38 millóns de euros durante os últimos seis anos

Os veciños do municipio de Burela beneficiáronse nos últimos seis anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo de máis de 68 millóns de euros en obras, servizos, transferencias e outros investimentos executados pola Xunta de Galicia.

Así o explicaron este mañá en rolda de prensa o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, acompañado do tamén deputado autonómico Vidal Martínez-Sierra e do candidato á reeleción e actual alcalde, Jose María González Barcía.

Os populares quixeron facer balance das achegas do Goberno galego desenvolvidas desde o ano 2009, e explicaron que se poden dividir en dúas grandes áreas: investimentos directos, que superan os 43,3 millóns de euros, e partidas xenéricas con destino no municipio de Burela, que supuxeron 29 millóns de euros en inversión.

Balseiro, Martínez-Sierra e Barcia salientaron que “dende que Feijóo é presidente, cada ano Burela recibe unha media de 12,06 millóns de euros da Xunta de Galicia, unha cifra que sitúa ao municipio nun posto destacado polo amplo respaldo e esforzo inversor da administración autonómica”.

Por outra banda, os populares retaron á Deputación de Lugo a facer públicas as súas achegas, “que con toda seguridade moi inferiores ás da Xunta e as doutras localidades mariñáns, porque á hora da verdade só o Goberno galego cre e aposta por Burela”, afirmaron.

“Un dos ámbitos nos que os investimentos da Xunta teñen maior peso é o pesqueiro, de feito, Burela é unha das localidades máis importantes en canto achegas recibidas tanto directamente en axudas e apoios aos profesionais do mar, comercialización e transformación, como tamén no relativo a distintas obras executadas na mellora das infraestruturas portuarias”, concluíron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo