Caballero defende en Lugo iniciar unha “revolución municipalista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu esta mañá en Lugo iniciar unha “revolución municipalista” para conseguir máis financiamento por parte do Goberno do Estado e da Xunta para financiar os servizos públicos dos concellos.

Caballero, que á súa vez é presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, mantiña esta mañá unha xuntanza coa alcaldesa de Lugo na que anunciou que se reunirá o vindeiro luns co ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, para “falar do financiamento local” e pedir máis recursos, dado que as institucións municipais “son as administracións máis próximas, as que atenden á xente”, apuntou.

O alcalde de Vigo aproveitou tamén para reclamarlle á Xunta que os concellos participen do financiamento do Goberno galego.

Na mesma liña, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez acusou ao Goberno de Alberto Núñez  Feijóo de “non crer no público nin nos lucenses”. “Non sabemos o que lle fixemos os lucenses á Xunta de Galicia, pero ano tras ano estanos dando a espalda con incumprimentos”, sinalou a rexedora.

Abel Caballero aproveitou a súa visita a Lugo para defender a xestión de Lara Méndez, á que cualificou como “unha gran alcaldesa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com