" />

Campos Conde reclama á Xunta o arranxo das estradas que van da Pontenova a Riotorto e á Fonsagrada

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto á Tenente de Alcalde, Isabel Couto, reclamou á Xunta que arranxe as estradas que van da Pontenova á Fonsagrada e a Riotorto. O Rexedor lembroulle ao Delegado Territorial da Xunta de Galicia que a petición de mellora da estrada a Riotorto xa foi aprobada polo Pleno Provincial, a pesares do voto en contra dos Deputados do PP. Deste xeito comunicoulle que espere un maior compromiso por parte da administración autonómica que o amosado polo Partido Popular en Lugo.

Tamén lle pediu a mellora dun treito de 5 quilómetros da estrada que vai da Pontenova á Fonsgarada que son responsabilidade da Xunta de Galicia pois no resto desta vía, que é de titularidade provincial, xa se levaron a cabo actuacións con aglomerado en quente e xa hai programados novos traballos de acondicionamento.

O Alcalde destacou que estes viais presentan grave deterioración no firme, feito que durante os últimos anos empeorou, o que provoca un grande risco para todos os seus usuarios. Campos Conde subliñou que, ademais, na zona atópanse varias empresas con moita actividade diaria o que prexudica, polo tanto, a economía do Concello pontenovés.

Obras do PEIM

O Alcalde pontenovés supervisou durante a xornada o resultado dos traballos feitos a través do PEIM que o Concello decidiu facer en Vilaoudriz e Rececende. O Concello aparte de decidir o lugar destas obras, en base as necesidades dos veciños, asume o 25% do custo destas obras ao facerse cargo da redacción do proxectos, así como do ive e outras posibles taxas. Pola súa banda, e tal e como se recollen nas bases do PEIM, para a realización destes traballos o Ministerio de Agricultura e Medio Rural achega un 7,5%, a Xunta de Galicia un 17,5% e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural un 75% (Feader).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo