Campos valora os 129M€ investidos na provincia no que leva de mandato

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, detallou este venres o investimento de máis de 129 millóns de euros que o Goberno Provincial achegou nos dous anos e medio que leva á fronte da Deputación aos máis de 300.000 veciños dos 67 Concellos.

Campos Conde valorou que “estes fondos públicos de todos os veciños” no organismo provincial se destinaron á execución de 1.220 obras, á xeración de 1.500 empregos e 10.000 prazas de Teleasistencia gratuíta e Servizo a Domicilio a non dependentes e a 4.200 axudas en impulso do deporte, turismo e cultura. O titular provincial explicou a súa distribución por Comarcas, remarcando que “somos unha Deputación coas persoal, sumamente social e rural, que traballa para construír por todos os lucenses ante o desleixo dunha Xunta de Galicia e un Goberno Central inexistentes na nosa provincia”.

Só en obras o Goberno de Darío Campos convertiu á Deputación en “líder en investimento en obra pública”, dedicando 99 millóns de euros dende á construción de centros de día, instalacións deportivas e culturais, melloras en instalacións de colectivos sociais que atenden a maiores ou persoas con capacidades diferentes, estradas, alumeado públicos, rúas, traídas de auga, centros sociais, bens de interese patrimonial e turístico… Do mesmo xeito, o goberno provincial vén de dedicar case 22 millóns de euros a servizos sociais como a busca de emprego, a teleasistencia gratuita ou o Servizo a Domicilio a non Dependentes. En canto ao resto de axudas e subvencións para Turismo, Cultura e Deporte, o goberno socialista investiu máis de 6 millóns de euros en total.

En canto á relación de investimento por comarcas, o presidente detallou que 29 millóns de euros foron para os veciños da Comarca da Mariña; 23,5 millóns para a Montaña; case 22 millóns de euros se repartiron na comarca de Lugo; 21,8 millóns na Terra Chá; 17,5 millóns para os Concellos da zona Sur da Provincia (Comarca de Lemos e Chantada); 10,8 millóns de euros para os veciños da Comarca de Sarria e 4,3 millós para os da Ulloa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com