Candia: “A única garantía para botar a Sánchez do Goberno é votar ao PP”

A presidenta do Partido Popular da provincia de Lugo, Elena Candia, apelou na tarde de onte ao voto útil no mitin central do partido na cidade amurallada que contou tamén coas intervencións do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o cabeza de lista do PP ao Congreso pola nosa provincia, Jaime De Olano. Candia convidou a aquelas persoas que se puideran sentir molestas co Partido Popular a non dividir o voto entre as opcións de centro dereita porque, precisamente, esa división contribúe a que o PSOE permaneza na Moncloa. “A única garantía para botar a Sánchez do Goberno é votar ao Partido Popular”, asegurou.

Así mesmo, a máxima responsable do PP lucense quixo apelar ao voto responsable dos socialistas constitucionalistas e dirixirse aos lucenses que nas últimas eleccións votaron ao PSOE para explicarlles que “os socialistas non son garantía de ningún dereito social”.

De feito, recordou que “só en materia de dependencia, o Goberno de Pedro Sánchez débelle aos nosos maiores dependentes arredor de 200 millóns ao ano”. Polo tanto, para Candia, o PSOE “non é socialista” e “tampouco obreiro”. Así o demostra o feito de que “nestes momentos persoas da nosa provincia que traballan para Ence, Alcoa ou As Pontes se estean a manifestar en defensa dos seus postos de traballo”. Tamén recordou Candia a subida das pensións que foi posible grazas ao anterior Goberno de Mariano Rajoy, “non grazas a Sánchez”, matizou.

En contraposición, e ante os incumprimentos do Goberno do PSOE que incluso se comprometera durante a visita da conselleira de Industria a recibir ao comité de Alcoa San Cibrao para explicarlles os avances no estatuto para as industrias eletrointenstivas, a máxima dirixente do PP da provincia destacou a iniciativa do goberno galego que preside Feijóo. Dende o goberno da Xunta trasladaron aos partidos do ámbito nacional, entre os que se atopa o PSOE de Pedro Sánchez, medidas en coordinación co comité de empresa e os traballadores da planta de San Cibrao para abaratar o prezo da enerxía e contribuír a facer rendible a factoría mariñá co fin último de “garantir a permanencia de Alcoa na comarca e, polo tanto, o emprego do que dependen miles de familias”.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 04, 2019 - 10:49 PM

    Que para ollas. So pensan en votar o adversario. É coma sempre o pobo tres caralho lles importamos, so miran de arranxar ous seus problemas. Unha merda………….

    Reply
  2. Luis Díaz
    Nov 04, 2019 - 08:53 PM

    … que se sintiran molestas , di . Molesta una pedriña no zapato , a corrupción funde a túa vida para sempre .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com