Candia destaca a importancia dos centros de ensino do rural

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, mantivo unha reunión coa presidenta da Anpa do CPI de Cervantes e da Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, para escoitar as propostas e suxerencias do colectivo. A xuntanza enmárcase dentro dunha programación de encontros para  continuar cunha “escoita activa” dos axentes que integran a sociedade lucense.

Candia puxo en valor “o papel das asociacións de nais e pais” e destacou, moi especialmente, “a importancia dos centros de ensino do noso rural, que están a formar dende as primeiras etapas aos nenos e nenas da maior parte do territorio lucense”.

Nese sentido, tivo palabras de agradecemento para os profesionais da educación e todas as persoas que día a día coidan dos nosos nenos e nenas. Unha das propostas da Fapacel foi “a necesidade dun estudo da educación nun entorno rural co fin de acadar unha mellora da calidade e para que sexa un referente do ensino no noso país e un valor a ter en conta á hora de ficar nel”. Nese sentido, Candia subliñou que “a calidade da educación no rural contribúe, indubidablemente, ao desenvolvemento da nosa provincia e á mellora da sociedade lucense do presente e do futuro”.

“Escoita activa”
A mandataria popular continúa así cos encontros periódicos que está a manter con representantes do tecido socioeconómico da provincia. “O Partido Popular da provincia de Lugo está ao pé dos lucenses coñecendo as súas necesidades para trasladalas ás distintas administracións nas que temos representación e tamén coñecendo as súas
propostas para construír xuntos o futuro da nosa provincia e, polo tanto, o de tódolos lucenses”, concluíu Candia.

A presidenta continúa coa “escoita activa” tras manter recentemente un encontro coa vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo e tamén coa presidenta do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). Así, outra das reunións previstas será con representantes dos peritos lucenses.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Nov 11, 2021 - 11:46 AM

    Por eso os pechan,mira que e falsa

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com