Candia insta a Tomé a “axilizar os desbroces das estradas provincias

A voceira do Grupo Provincial Popular lamenta que “o presidente da Deputación –que tamén é o responsable de Vías e Obras- non buscase solucións para axilizar os traballos de roza nas estradas provinciais coa mesma rapidez que pediu instalar un cronómetro para as sesións plenarias” e recórdalle que “o tempo tamén está pasando e as estradas que son titularidade da Deputación seguen, a finais de agosto, cheas de maleza co perigo que iso supón para os seus usuarios”.

“Xa non hai palabras para cualificar o estado no que se atopan as estradas de titularidade provincial. É inconcibible que a punto de rematar o verán os labores de desbroce estean sen acometer”, manifesta a popular.

“Non se entende que unhas importantes tarefas que afectan á seguridade na rede viaria que empregamos a diario a maioría dos lucenses aínda non se puxeran en marcha”, explica Candia que engade que “nestes meses o risco de incendios é maior debido ás altas temperaturas e as marxes das vías provinciais cheas de maleza non axudar a previr a propagación de posibles lumes”. No mesmo sentido, “nin que dicir ten a imaxe de abandono da provincia que proxectamos os lucenses aos nosos visitantes”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Antonio Fernandez
    Ago 23, 2019 - 03:53 PM

    No tiene tiempo esta de vacaciones.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo