Capaces Lugo e Lugo Monumental organizan unha xornada de cine adaptado e cartas para hostalería

Capaces e Lugo Monumental uniron as súas forzas para levar adiante dúas iniciativas novas en Lugo, en favor das persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA), e particularmente dos nenos.

A primeira delas é as chamadas cartas adaptadas para locais de hostalaría. A idea fundamental é o uso de pictogramas para nenos con trastorno do espectro autista (TEA). Debido aos graves problemas de comunicación que teñen as persoas que sofren estes trastornos, a verbalización dos seus desexos é en ocasións inviable. Estas cartas, realizadas a través de pictogramas, facilitan que poidan expresar os seus desexos e mellorar a capacidade para comunicarse coa súa contorna.

A segunda iniciativa e unha proxección piloto de cine adaptado. Consiste en realizar unha sesión de cine adaptado, en que os nenos con este tipo de dificultades poidan ver películas adaptando esta proxección ás súas necesidades, reducindo o son e non apagando as luces completamente, entre outras medidas. Neste caso deseñaron unha  proxección piloto cuxa repetición dependerá do éxito que teña, debido ao alto custo que supón.

A proxección terá lugar este venres día 15 de maio ás 18:00 horas no salón de actos da Xefatura Territorial de Sanidade, na rúa Montevideo. A invitación é aberta a todos os nenos que desexen ver a película “Horton e o mundo dos quen”. Tanto para nenos con TEA como para menores aos que os pais desexen iniciar no mundo do cine, a entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com