Carballo apela á responsabilidade de “quen pensaron en clave de partido e non de cidade” para que formen goberno

O Partido Popular do Concello de Lugo vén de acordar, nunha reunión de traballo, as responsabilidades que terá cada un dos seus representantes dentro da agrupación municipal. Así, como xa se coñecía, Ramón Carballo será o voceiro do Grupo Municipal, xunto a Antonio Ameijide que fará labores de voceiro adxunto. A número dous, María del Carmen López Silva, xunto a Beatriz Vázquez Belda, serán as voceiras suplentes. 

En canto ás competencias por áreas, Ramón Carballo levará directamente economía, persoal, seguridade e convivencia; mentres que Antonio Ameijide fiscalizará as áreas de urbanismo, mobilidade e medio ambiente. Pola súa banda, María del Carmen López Silva asumirá benestar e igualdade, e Cristina Abades, infancia, xuventude e maiores.

As carteiras de turismo e cultura correrán a cargo de Beatriz Vázquez, mentres que Javier Vázquez faráse cargo da área de educación e Oscar Poy, de deportes.

O funcionamento de servizos xerais será competencia da edil Sagrario Sánchez. A área de infraestruturas será responsabilidade de Rafael Pérez e Manuel López, que repite como edil, manterá a delegación da zona rural.

Tras explicar este reparto o voceiro popular asegurou que “seremos rigurosos e traballaremos nunha triple liña: accións de fiscalización e denuncia pública, propostas en positivo e moito contacto cos veciños e entidades do ámbito social, empresarial, deportivo … para non perder a perspectiva dos problemas reais que vivimos os lucenses”.
Ramón Carballo manifestou que o traballo de fiscalicación non impedirá que “que a relación co goberno sexa dialogante” matizando que agarda que o respecto institucional sexa recíproco tendo en conta que somos o grupo maioritario da corporación”.

Nese senso, lamentou que “mal empezamos cando a alcaldesa é incapaz de recibirnos logo de que pasasen dez días dende a toma de posesión” unha actitude que para Carballo supón “unha falta de cortesía política”.

Trala reunión que se celebrou hoxe os populares manifestaron que lle resultan “chamativas” as “présas” que se deron PSOE e BNG para chegar a acordos, co único obxectivo, din, de impedir que gobernase a lista máis votada, e apelan á “responsabilidade de quen pensaron en clave de partido para que formen goberno”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo