Carballo :O PP confirma que Rubén Arroxo institucionaliza a provisionalidade cun carril que é un risco para os peóns

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, ven de declarar que  criticou duramente a Rubén Arroxo, despois de “que o vicealcalde recoñecera hoxe en comisión que a peonalización dun carril da Ronda da Muralla vai a ser definitiva e que o único proxecto que teñen para facer efectiva esta medida é cambiar os conos de cor laranxa por outros de cor verde”.

Para Ramón Carballo “é un insulto” á cidadanía, a Lugo e a Muralla a provisionalidade na que o vicealcalde está a sumir a Lugo, sen esquecer a inseguridade” que supón para os peóns que un carril peonil se separe dun carril para vehículos por uns simples conos. Este tipo de actuacións precisan dun proxecto de obra, xa que hai que diferenciar claramente a zona peonil da zona destinada aos vehículos, non baixar aos peóns da beirarrúa á calzada e poñer uns conos sen máis”, aseverou.

O voceiro popular critica “a falta de proxecto de cidade que ten Arroxo, xa que quere perpetuar esta peonalización sen ter un plan de tráfico, xa que o vicealcalde recoñeceu que vai a haber un plan de tráfico, o que significa que agora carece del. Non hai que esquecer que hai poucos días que un condutor estivo a piques de provocar un accidente ao invadir o carril peonil da Ronda, ademais dos problemas de atascos que se están a producir”.

Carballo “evidencia a necesidade de que se encargue un plan de tráfico xa que agora hai atascos e iso que non contamos co aumento da densidade de circulación que haberá cando a actividade da cidade se recupere e os nenos volvan ao colexio, polo que a partir de setembro”, afirmou.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com