Carencias de urxencia no PAC de Lugo

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo “Lucus Augusti”, dados as múltiples queixas recibidas e referidas aos servizos prestados no P.A.C de Atención Primaria de Lugo, vese obrigada a denunciar publicamente a situación de carencias de equipamento que soporta na actualidade e que obriga aos pacientes para dirixirse aos servizos de Urxencias do HULA.

Confirmamos a carencia no PAC de servizos de Radioloxía e que ante calquera lesión obriga a desviar ao paciente ás urxencias do Hula. Tampouco existe un laboratorio básico para a realización de calquera proba requirible ao paciente asistido para un fiable diagnostico.

Non existe un servizo de garda de pediatría e os nenos deben de ser atendidos polomédico de primaria.

É claro que as deficiencias sanitarias polo menos na provincia de Lugo raian o inadmisible, xa que un Médico non pode prever ou adiviñar todas as doenzas do usuario que chega ao PAC. En tanto nos órganos de xestión do Sergas, todos mirando cara a outro lado; non lles preocúpa o máis mínimo a calidade asistencial e iso é demasiado grave.

Ante calquera dúbida médica, tampouco existen “boxes” de observación para poder facer un mínimo seguimento do asistido en tanto non se lle facilita un diagnostico.

Por iso é polo que requiramos a inmediata posta en funcionamento do PAC requirido para o vello Hospital cos equipamentos necesarios, incluídos os agora citados e que ao tempo se dote o actual dos mesmos medios. Xa que pola contra entendemos como imprescindible a chegada dos pacientes ao Servizo de Urxencias do Hula, como única garantía dunha prestación médica adecuada algo que impide ao Sergas ser críticos coa situación de saturación que sofren as urxencias hospitalarias.

 

Federación provincial de AA. de VV. de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com