Case 700 altas médicas axudan a descender o número de casos nun día de estabilización dos contaxios

Os casos activos de Covid19 continúan en descenso na provincia de Lugo e, un día máis, é grazas a unha importante suba nas altas médicas. E é que nas últimas horas o Sergas notificou preto de 700 altas nun día no que tamén axudou ao descenso a estabilización no ritmo de contaxios.

En cifras, e segundo o último informe do Sergas, con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, Lugo conta cun total de 6217 casos activos, 212 menos que un día antes, logo de que se rexistraran 485 novos positivos, polos 490 da xornada anterior.

Outro baremo que mellora considerablemente é a presión asistencial que hoxe rexistra 10 pacientes menos en unidades convencionais da provincia. Así, por hospitais, o HULA suma 45 pacientes con covid (2 menos), o Hospital da Costa conta con 10 (2 menos) e o Hospital de Monforte rexistra hoxe 8 pacientes Covid, polos 14 dun día antes. No tocante á UCI, continúan baleiras de casos Covid as camas de críticos nos hospitais comarcais, mentres que o HULA rexistra 7 pacientes con infección activa de Covid na UCI.

Asemade, o Sergas vén de notificar 3 novos falecementos de pacientes con covid malia que todavía non informou das idades e as localidades de cada falecido. Con eses tres novos finados, xa son 389 os falecidos con Covid na provincia dende o inicio da pandemia.

No relativo ás altas médicas, na última xornada 692 pacientes curáronse do virus, con eles xa son 39.490 os pacientes que se recuperaron da Covid dende o inicio da pandemia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com