" />

Castiñeira anuncia axudas por seis millóns de euros anuais para a contratación de traballadores, creación de empresas e rehabilitación de edificacións

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, anunciou hoxe que se é elixido alcalde implantará unha liña de axudas por importe anual de dous millóns de euros, para o fomento da contratación de traballadores censados no Concello de Lugo. Cada novo contrato de traballo recibirá unha subvención 3.000 euros e terá unha duración mínima dun ano.

Esta liña de axudas forma parte do proxecto “Emprego para todos” que ten outras dúas liñas de axuda, unha para a creación de novas empresas e outra para a rehabilitación de edificacións, cun investimento de dous millóns de euros cada una.

Durante unha xuntanza co Consello de Administración da Confederación de Empresarios de Lugo, o popular trasladoulles o seu compromiso para impulsar esta medida, enmarcada dentro do seu proxecto Emprego para todos.
Jaime Castiñeira:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo