" />

Castiñeira creará un Portal Municipal de Emprego se é elixido alcalde

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, anunciou hoxe que en caso de ser elixido alcalde o vindeiro 24 de maio, creará un Portal Municipal de Emprego para favorecer a busca de emprego dos lucenses.

O popular explica que esta iniciativa funcionará como un elemento centralizador das ofertas de traballo de empresas e dos currículum vitae dos lucenses, favorecendo e fomentando o contacto entre ofertantes e demandantes.

Jaime Castiñeira asegura que esta iniciativa contribuirá a dinamizar o mercado laboral do Concello ao tempo que se favorece a mellora das competencias e cualificacións profesionais dos demandantes de emprego e se divulgan recursos e ferramentas útiles para a busca de emprego.

Así, ademais de fomentar o contacto entre parados e empresarios, o Portal Municipal de Emprego servirá de recurso de apoio ao emprego, con atención á colocación, orientación laboral, axuda á busca de emprego, recrutamento, selección e formación para o emprego.

Así mesmo, neste Portal incluiranse as ofertas de traballo das diversas empresas que prestan servizos para o Concello, co obxectivo de dar cumprimento aos principios de igualdade de oportunidades e transparencia que vén defendendo Jaime Castiñeira, “e que virán complementar á posta en marcha do Rexistro de traballadores” destas firmas privadas, que o PP anunciou en días pasados.

Jaime Castiñeira lembrou que esta medida forma parte do proxecto global “Emprego para todos”, dotado con seis millóns de euros anuais, e no que se inclúen outras iniciativas como liñas de axudas municipais de dous millóns de euros para o apoio á contratación de traballadores censados no Concello de Lugo, outra de dous millóns de euros para fomentar a instalación de empresas innovadoras que non compitan con outros proxectos existentes no entorno e outra de dous millóns de euros para favorecer a rehabilitación de vivendas da cidade e as parroquias, con especial atención ao Camiño Primitivo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Xabier
    Feb 26, 2015 - 11:29 PM

    Unha parvada total, sobran portais que reflexan perfectamente as ofertas laborais dispoñibles. Co meu voto non conte

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo