" />

Castiñeira critica a xestión da zona ORA e do Plan Urbán do Concello

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira acusou hoxe ao goberno local de “improvisar manobras políticas de última hora para impoñer a privatización da ORA”. O voceiro popular refíríase á votación en contra, por parte de todos os grupos da oposión, ao intento dos socialistas de incorporar ao debate plenario un documento “para blindar o modelo da ORA de pago mediante unha empresa privada”.

Jaime Castiñeira considera que a iniciativa que presentou “pola porta de atrás a alcaldesa é consecuencia dun proceso mal xestionado dende o primeiro momento. O goberno local suprimiu a ORA, o pasado mes de xullo, para conseguir unha foto sen ter un mínimo estudio de cómo iba a repercutir a súa decisión nas arcas municipais, e na mobilidade da cidade”.

Os populares non comparten “a posición do goberno socialista de renunciar ao material que se empregou para prestar o servizo da ORA”. Castiñeira critica que os socialistas entreguen á filial de Vendex “dispositivos valorados en máis de 300.000 €”. “No seu momento o PSOE aprobou un prego de condicións no que se entregaba a concesionaria o 80% do recaudado pola prestación do servizo e no que se contemplaba a amortización do material que se utilizaba. Non é de recibo que agora se renuncie a el sen máis”, manifestou Castiñeira.

O voceiro popular considerou “un despropósito que o goberno local desperdicie a oportunidade de recuperar os segways, PDAs, equipos de comunicación, parkímetros, furgonetas, sinais e outros medios auxiliares”. Os populares sinalaron que a empresa Doal, filial de Vendex, ingresou nos 6 anos que prestou o servizo da ORA en Lugo 5,4 M€ dos cales 4,3 foron a parar integramente á conta da empresa.

O Gmpp considera revelador que dos cinco informes que figuran no expediente, só un asinado pola alcaldesa, fala da conveniencia do mantemento do sistema que viña funcionando ata o de agora pola filial de Vendex. “Iso si sen que figure ningun tipo de estudio sobre outras alternativas como a que propón a moción conxunta dos grupos da oposición” reflexiounou Castiñeira.

Doutra banda, o voceiro do PP referiuse ao “descontrol que hai no equipo de goberno local en relación ás contradiccións das declaracións sobre a futura xestión do ciclo da auga “é unha vergoña que pola mañá digan unha cousa e pola tarde se desdigan”. Castiñeira manifestou que “a descoordinación e o ninguneo da alcaldesa a membros do seu equipo chega a tal punto que “mesmo os desautoriza publicamente”.

Asemade, Castiñeira considerou “un auténtico despropósito a falla de concreción do goberno local en canto á situación dos proxectos financiados con fondos europeos do Urban”. Os populares temen que “pola falla de planificación se poñan en risco parte dos 8 M€ concedidos polo FEDER para realizar distintas obras no municipio”.

Jaime Castiñeira expresou a súa preocupación logo de que “na comisión informativa celebrada hoxe o goberno local fose incapaz de ofrecer datos concretos sobre a contía que se leva cobrado destes fondos, así como sobre canto está pendente de xustificar. É moi grave que a estas alturas do programa, cando quedan apenas dous meses para xustificar os fondos FEDER cos que se fan as obras, os socialistas non teñan claro nin o que se cobrou, nin o que está pendente por vir”.

Nese senso Castiñeira afirmou que unha das obras orzamentadas para 2015 con 1.220.000€ cos fondos Feder “por non facerse en tempo a teremos que custear con fondos municipais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo