Castiñeira di que López Orozco non será alcalde de Lugo a próxima lexislatura

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, alertou aos lucenses de que López Orozco “é un candidato fraude porque sabe que non vai poder gobernar”, dado que “unha de dúas: ou unha maioría absoluta do PP llo impide, posibilidade da que cada día estou máis convencido; ou os outros partidos, con tal de que non goberne o Partido Popular, pactarán e poñerán como condición que el se aparte”. Ante esta situación, Castiñeira advertiu aos lucenses de que “non caian na trampa de votar a unha persoa que sabe que non vai chegar a tomar posesión”.

O candidato popular afirma que “a mellor garantía para os servizos do HULA é un goberno do Partido Popular, que é quen este ano dotará de radioterapia e medicina nuclear ao hospital e quen dotou xa o ano pasado de hemodinámica” ao centro lucense,

O popular realizou estas declaracións no acto de presentación da candidatura coa que concorre ás eleccións municipais do 24 de maio, celebrado no salón de actos do CIFP Politécnico, “un escenario moi representativo simbólico para min e que representa que con traballo, pasiño a pasiño, e con ilusión, non hai reto que se escape por moi difícil que poida parecer”, afirmou Castiñeira en referencia á súa etapa de estudante neste centro educativo.

O candidato popular asegurou que “nestes últimos anos en Lugo non puidemos chegar a ningún porto porque fallaba o capitán, faltaba quen dirixise o presente e o futuro do municipio” e aseverou que, en caso de ser elixido alcalde, acometerá “un segundo salto cualitativo” que suceda ao primeiro de Joaquín García Díez, que incluíu a peonalización do casco histórico ou a creación do paseo do río Miño.

Jaime Castiñeira subliñou que “temos ideas, temos proxecto e temos equipo”, xa que “tan importante como as iniciativas é ter quen as leve a cabo”, ao tempo que criticou que “outros partidos seguen sen dicir a día de hoxe que pretenden para o futuro de Lugo”. “É lóxico, representan o pasado polo que dificilmente poden ofrecer nada para o futuro”, asegurou. Nesta liña, afirmou que “no PP ofrecemos ilusión, ideas e proxecto de municipio, pero ao PSOE non lle coñecemos nin a primeira idea”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. SandraRonda
    Mai 02, 2015 - 10:10 PM

    E está todo contento o señor Castiñeira, pois eu agarro que vostede non sexa nunca alcalde de Lugo porque senón xa podemos confesarnos todos, porque escoitalo nas radios e televisións da auténtica pena, demagoxia pura e dura. Fíjese que antes de que goberne vostede ata prefiro o señor Orozco, polo menos nos anos que foi alcalde a cidade cambiou e moito, iso si, o seu tempo xa pasou, igual que pasou o seu tamén señor Castiñeira.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com