" />

Castiñeira pide que o concello financie o transporte urbano dos menores de 18 anos

O voceiro do PP de Lugo, Jaime Castiñeira, propón que os autobuses urbanos de Lugo sexan gratuítos para os 15.000 menores de 18 anos do concello, “seguindo o modelo emprendido pola Xunta de Galicia no transporte metropolitano e o doutras cidades coma Ourense”.

Castiñeira asegura que “a repercusión económica para as arcas locais sería mínima tendo en conta o reducido número de viaxeiros” e afirma que “o retorno no eido da mobilidade e medioambiental sería moi importante”.

O voceiro popular explica que “iniciativas coma esta promoven a fidelización dos máis novos co transporte público, xa que estamos xerando un hábito de futuro que, acompañado dunha reforma integral do servizo, se pode consolidar”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo