A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana,acompañada polo delegado da Xunta en Lugo Javier Arias o portavoz do PP no concello e a cadidata a alcaldía Elena Candia, puxo en valor hoxe en Lugo o programa de axudas da Xunta Talento 30 para impulsar en Galicia o emprego xuvenil. Nunha visita a empresa lucense Arenal Perfumerías, beneficiaria desta iniciativa con 14 mozas e mozos contratados cos apoios autonómicos, sinalou que o Goberno galego ten como prioridade incrementar as oportunidades laborais da mocidade de Galicia. O Plan conta cun investimento de 12,2 millóns de euros para mellorar a empregabilidade dos máis novos. É un programa mixto que, ademais de apoiar a contratación, ofrece formación en competencias brandas, demandas polo mercado laboral actual. A iniciativa, ademais, conta con dúas liñas de axudas: Talento 30 en prácticas para aquelas persoas con titulación e Talento 30 formación en alternancia para aquelas que carecen de cualificación profesional.
En palabras de Lorenzana, con Talento 30 búscase reter o talento das novas xeracións e afianzar o futuro de Galicia “para facer da nosa comunidade autónoma unha terra de oportunidades para as nosas mozas e mozos”, rematou.