" />

Catro novas obras a contratación, por 900.000 euros

O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou de que a Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá á saída a contratación de catro novos proxectos por un importe total de 900.000€. Trátase da peonalización do entorno da praza da Milagrosa, con 220.000€ de investimento e 6 meses de prazo de execución; a reurbanización integral da rúa Torre de Doncos, nas Gándaras, (176.000€ e 4 meses de prazo), actuación coa que arranca o Plan de Barrios; e a renovación do céspede artificial dos campos de fútbol municipais da Cheda e Frigsa, froito dun convenio de  colaboración coa Deputación de Lugo, con 235.000€ e 265.000€ de orzamento, respectivamente, un mes e medio de prazo de execución cada un.

Entre estas catro actuacións e as tres que xa licitou (novo párking público enfronte ao HULA, 7 aparcadoiros disuasorios e instalación do ascensor público de Fontiñas), o Executivo municipal ten a contratación 1,6M€ por 7 obras públicas dende a entrada en vigor dos Orzamentos deste ano, proxectos cos que avanza na materialización do seu modelo de cidade mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo