Catro novos positivos sitúan as cifras de Covid na Mariña en 186

​A Consellería de Sanidade confirmou outros catro casos activos de persoas afectadas por Covid-19 no brote da Mariña. Os novos casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas elevan a 186 o número de casos activos dentro deste brote.

No día de onte realizáronse 144 PCR a persoas relacionadas con este brote, das que catro arroxaron resultado positivo, o que implica unha porcentaxe moi baixa respecto ao momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote na comarca da Mariña, cando aproximadamente do 20% das PCR realizadas eran positivas. Dende o inicio deste abrocho xa se levan feito no distrito sanitario da Mariña un total de 3.345 PCR vencelladas ao brote.
Así mesmo, destacar que os novos positivos detectados están relacionados co brote, o que permite seguir a garantir a trazabilidade dos casos e continuar na mesma estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar canto antes a transmisión e conter o brote.
Do mesmo xeito, a Dirección Xeral de Saúde Pública actualizou o número de casos no resto da provincia na que o número de positivos en 203, sumando o total na comunidade en 259.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com