CC.OO. amosa o seu apoio á compañeira membro da xunta de persoal do Concello de Lugo agredida hoxe

CC.OO. amosou o seu apoio á delegada do sindicato no Concello de Lugo, e traballadora da escola infantil municipal Gregorio Sanz, que tivo que ir ao PAC de Fingoi logo dun intento de agresión por parte dunha traballadora do servizo de cociña e comedor da empresa Serunión, concesionaria deste servizo municipal. A agredida realizou a correspondente denuncia na Policía Nacional dos feitos acaecidos.

“Despois de varios meses de denuncia de CC.OO. no Concello da necesidade de abordar os problemas nas escolas infantís, e da rolda de prensa que demos no día de onte, hoxe vólvese a dar un lamentable suceso contra unha persoa pola defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras destes centros, así como a defensa do bo funcionamento dos servizos públicos municipais”.

Dende CC.OO. esixen ao equipo de goberno do Concello de Lugo e a súa Alcaldesa, “que tomen en serio estes servizos municipais, e que os convoque para dar solución a estes conflitos que xa lle trasladamos antes deste verán, para tomar medidas para a súa resolución como se comprometeu”, concluíron.

Novas relacionadas

  1. xestión pública
    Out 05, 2015 - 12:06 PM

    Serunión é a mesma empresa a que lle rescisdiron máis contratos en Castela León por causas de interese público, . É necesario máis persoal, máis control para garantir a calidade da alimentación que reciben os menores nos comedores das escolas infantís. Volver a cociñar nos centros e recuperar a xestión pública. Dondequeda a supervisión das clausulas do contrato???

    Reply
  2. controlcontratas
    Out 05, 2015 - 11:49 AM

    Es muy grave lo que aquí leo. las administraciones deben controlar las contrataciones y a su personal. Las escuelas infantiles son un bien de interés público y como tal debe ser protegido. la organización administrativa debe estar al servicio de los administrados. Por lo que se ve hay algo mas que un incumplimiento de las condiciones pactadas, y que en todo caso deberá llevar a la Administración a rescindir el contrato con la empresa.

    La gravedad de los hechos acaecidos tiene la suficiente entidad para que la Administración opte directamente por la resolución del contrato sin olvidar el deber de vigilancia y control de la administración.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com