" />

CCOO denuncia na Inspección de Traballo o impagamento de nóminas en Abante BPO Lugo

A Federación de Servizos de CCOO denunciou na Inspección de Traballo o impagamento da nómina extraordinaria de decembro na empresa Abante BPO Lugo, dedicada ao sector dos centros de chamadas (contact center). O sindicato manifesta non ter noticias da actual dirección empresarial desde que se reuniu con ela hai un mes —o 13 de decembro—, malia tentar poñerse en contacto en diversas ocasións para obter información sobre a situación real da empresa.

Ante o incumprimento do pagamento da extra de decembro e a ausencia de noticias, o sindicato decidiu recorrer á Inspección, reclamando que se inste a empresa a facer fronte ás súas obrigas económicas. O sindicato lembra que nun sector con baixos salarios —a xornada completa rolda os mil euros mensuais— supón un “grave prexuízo” este incumprimento, “especialmente nunhas datas tan sinaladas como o Nadal”.

Para CCOO-Servizos, a situación de Abante BPO Lugo, que chegou a dar traballo na provincia a máis de 450 persoas e que a día de hoxe conta con escasamente un cento de persoas contratadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo