" />

CCOO esixe un protocolo de actuación en Urxencias e Psiquiatría e o reforzo do servizo de seguridade

Comisións Obreiras (CCOO) condena a agresión que sufriu un vixilante de seguridade do Hospital Lucus Augusti (HULA) e afiliado ao sindicato. Ante esta situación, esixe un protocolo de actuación de Urxencias e Psiquiatría coordinado co persoal do Sergas, así como a reestruturación do servizo de seguridade para reforzalo canto aos medios humanos.

O sindicato xa leva tempo advertindo da insuficiencia de persoal de seguridade nos servizos críticos do HULA. Ata o de agora, o estipulado é a presenza dun vixilante en Urxencias pero, en opinión de CCOO, a “gravísima agresión” sufrida por este traballador, “que case lle custa a vida”, debe ser un “punto de inflexión”.

CCOO ve imprescindible a “inmediata dotación de medios de protección”, xunto coa “axeitada achega económica” , para poder previr futuras agresións que poñan en risco a integridade física ou mesmo a vida tanto de traballadores como de usuarios do HULA.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 03, 2020 - 09:50 PM

    Gajes del oficio? Hagora a era que ver por qué aconteceu esto? Pode ser mala prasis profesional, o quen sabe que

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo